OBRADOIRO DE POESIA

Elixe desta proposta as actividades que prefiras.
PREME AQUI

PROBLEMAS POEMÁTICOS

Robertiño, que é o meu veciño,
é pequeno coma un gran de millo.
O seu pai, que se chama Antón,
mide o triple porque é moi grandullón.
Se o pai mide 1´95, canto é o que mide o fillo?
………………………………………………………………………..
Fun á libraría
a comprar algúns libros de poesía.
Díxome o libreiro,
que é un home moi chusqueiro:
“Se acertas cantos son
os libros desta colección,
douche un máis de promoción”
Pregunteille cal era o acertixo
e isto foi o que me dixo:
“Réstalle 3 á metade deses exemplares
e resulta o primeiro dos números pares”.
Cavilei e resolvín
e aquel agasallo foi para min.
………………………………………………………………………..
A miña tía, que se chama María,
ten dezaoito gatos
e ningún leva zapatos.
Se os quixese calzar e fose á zapataría,
cantos pares de zapatos mercaría?