PDI "Cociña"
ACTIVIDADES:
- Xogo de cartas con Beebot: atopa os ingredientes no taboleiro.
- Debuxa un ABC alimentario.
- Co garfo na mochila: Percorremos un mundo de receitas.
- Receitas de Paz. Entre todos, cociñaremos unha "sopa de nada" (basta unha pedra e ganas de compartir)
- Diorama de libros saborosos: A casiña de chocolate, O cociñeiro Martiño (de Iago López), Os arquivos de Escarlatina (de Ledicia Costas)
- Concurso de preguntas e respostas: Que nutriente predomina nas cenorias?, Que é salferir?, Con que ingredientes se elabora un flan?, O ceviche leva peixe?, Que nutriente conteñen en gran cantidade o arroz e a fariña?
- Verdadeiro ou falso: Os xeados de amorodo levan zume de remolacha?
- Con dous alimentos, unha rima invento: empanada-flambeada, xamón-sen-melón, xoubiña-que-non-sardiña.
- Describe bodegóns (o día das Artes Galegas)
- Debuxa un retrato "collage-ando" ao estilo Archimboldo e descríbeo como fixo Leire Bilbao en "Bichopoemas"
- Adiviñas de alimentos.
IDADE MEDIA
Rei Artur
VIDEO DA IDADE ANTIGA (OS ROMANOS)
PROXECTO ITALIA
ANTES DE EMPEZAR:
https://www.slideshare.net/heliokazan/3imperio-romano-1
https://es.slideshare.net/heliokazan/3imperio-romano-2
https://es.slideshare.net/nattaly6/civilizacion-romana-presentacion
https://www.youtube.com/watch?v=ufEclRGXV6k
ALGÚNS PREFIXOS E SUFIXOS DE ORIXE LATINA
AGRI (campo) agrícola, agricultor
AMBI- (os dous) ambivalente
ANTI (oposto, contrario)
AVI (ave) avícola
EQUI- (igual) equivalente
FRATER (irmán) fraternidade
MATER (nai) materno
PATER (pai) paternidade
PRE- (anterior) Prehistoria
SEMI- (metade) semicírculo
SUB- (por debaixo de) subsolo
-CIDA (que mata) homicida
-CULTURA (cultivo) acuicultura, apicultura
VORO (que come) omnívoro
LINGUAS ROMANCES OU ROMÁNICAS (derivadas do latín):
Galego, castelán, catalán, portugués, francés, italiano, rumano, sardo.
MONUMENTOS:
- En Roma: Coliseo, foro, panteón…
- En Mérida (anfiteatro, teatro, circo)
- Acueduto de Segovia
- Muralla de Lugo, ponte vella de Ourense (de orixe romana, con reconstrucións posteriores)
XOGOS DA ÉPOCA DO IMPERIO ROMANO:
- Tres en raia
- Tabas
- Buxaina
- O muíño
- Dados
MANUALIDADES:
- Mosaico
- Maqueta de acueduto, anfiteatro, termas…
- Modelos de 3 en raia ou xogo do muíño en bolsa de “coiro” (tea)
MEMORY "ROMANOS"
Tarxetas con imaxes e vocabulario (gladiador, anfiteatro, cuádriga, etc.) AQUÍ