PENSAPALABRA LITERARIO

A-Apelido do autor de O meu gato é un poeta.

B- Apelido dun personaxe creado por Ledicia Costas ( A señorita B.)

C- Apelido da autora de Bruxa e familia.

D- Obra de Anna Llenas: D… de las emociones.

E- Varios versos agrupados.

F- Nome dun touro diferente, personaxe creado por Munro Leaf.

G- Protagonista dun conto de Julia Donaldson.

H- Pepe Carreiro publicou H… da lingua galega e H… das mulleres galegas.

I-Apelido do ilustrador de Cándido e os demáis.

L- Apelido do autor de Minimaladas.

M- Apelido da poeta Mª Victoria, recentemente homenaxeada no Día das Letras.

N- Apelido do autor de Makinaria.

Contén Ñ- Apelido da autora de Punver e Coller as rendas.

O- Personaxes que traballan na fábrica de chocolate de Willy Wonka.

P- Obra en verso.

Q- Protagonista dunha obra de María Solar.

R- Apelido da autora de Corredora.

S- Apelido da autora de O meu pesadelo favorito.

T- Segundo apelido do autor de Un rato díxolle á Lúa.

U- Obra de María Reimóndez, onde a protagonista relata a súa estancia en India.

V- Libro de Anna Llenas.

X- Nome do autor de A fábula dos ratos mensaxeiros.

Z- Calzado que compra Lía, protagonista dunha obra de María Reimóndez.

…………………………………………………………………………………………………………………………

SOLUCIÓNS: Alonso, Bubble, Carballeira, Diario, estrofa, Ferdinando, Grúfalo, Historia, Inaraja, López. Moreno, Negro, Castaño, Oompa Loompa, poesía/poema, Quokka Moka, Reimóndez, Solar, Teijeiro, Usha, Vacío, Xan, zapatillas.