Historia dunha gaivota e do gato que a ensinou a voar (Luis Sepúlveda)

Capítulo 1: Mar do Norte

A bandada de gaivotas do Faro da Area Vermella levaba seis horas voando sen parar, para reunirse en Biscaia con outras bandadas. Decidiron repoñer forzas comendo peixe. Mergullábanse coma frechas no mar, collendo arenques e volvendo saír da auga unha e outra vez.
Kengah, unha gaivota con plumas de cor prata, estaba dentro da auga cando outra gaivota avisou de que había perigo. Todas marcharon e cando Kengah saiu do mar, viuse soa.

Capítulo 2: Un gato grande, negro e gordo

Zorbas é un gato grande, mouro e gordo, que vive en Hamburgo, co seu amo, un neno que vai marchar de vacacións durante catro semanas
Zorbas pensa que o seu amo é o mellor. Cinco anos antes, cando o gatiño acababa de saír do seu cestiño para probar as cabezas de peixe que quedaban no porto, un pelicano confundiuno cunha ra e intentou comelo. O neno sacouno do peteiro do pelicano e levouno para casa.
O neno despídese de Zorbas e marcha.

Capítulo 3: Hamburgo á vista

Kengah tiña cambras nos músculos polo esforzo. Manchouse as plumas cos restos de petróleo que un barco botara ao mar. Así non podía mover as súas ás, que se lle pegaban ao corpo. Kengah estaba desesperada pensando que morrería de fame. Mergullouse no mar, arrincou algunhas das súas plumas e sacudiuse toda. Facendo moito esforzo, voou seguindo a liña verde do río Elba e chegou ata Hamburgo.

Capítulo 4: A fin dun voo

A gaivota caeu no balcón da casa onde vivía Zorbas.
O gato díxolle a Kengah:
-Que sucia estás ! E como fedes !
Kengah explicoulle:
-Alcanzoume a marea negra, a maldición dos mares. Vou morrer.
O gato ofreceulle comida, pero a gaivota díxolle.
-Vou poñer un ovo coas últimas forzas que me quedan. Vexo que tes bos sentimentos. Por iso pídoche tres promesas: que non comas o ovo, que coides del ata que naza o pitiño e que o ensines a voar.
Zorbas prometeullo e foi buscar axuda. A gaivota puxo un ovo e morreu.

Capítulo 5: En busca de consello

Zorbas atopa a outros gatos que o queren amolar, pero segue en procura do seu amigo Secretario, un gato fraco que lle recomenda consultar con Colonello, outro gato que os leva onda Sabelotodo.
Os gatos intentan axudar.
Colonello di:
“Os problemas dun gato do porto son problemas de todos os gatos do porto”

Capítulo 5: Un lugar curioso

Zorbas, Colonello e Secretario van a unha tenda moi grande, cun letreiro que di: HARRY - BAZAR DO PORTO.
Harry ten dúas mascotas: Matías, un chimpancé que bebe cervexa e xoga ás cartas; e Sabelotodo, un gato moi sabio que busca información nos libros.
Na tenda de Harry hai unha chea de cousas curiosas: 7200 sombreiros, 160 rodas de timón, 256 compases, seis elefantes de madeira de tamaño natural, un oso polar disecado, 1300 monicreques que só saben representar historias de amor, dúas reproducións da Torre Eiffel, 17 máquinas de escribir, 54.000 novelas en corenta e sete idiomas, 17 áncoras, sete buguinas, doce quilómetros de seda vermella…

Capítulo 7: Un gato que o sabe todo

Zorbas cóntalle ao gato Sabelotodo o que pasou coa gaivota.
Sabelotodo busca na enciclopedia información sobre as gaivotas, pero non atopa moitos datos.
Tamén busca as palabras petróleo e quitamanchas. Así, atopa que para limpar as manchas de petróleo hai que usar un pano mollado con bencina.

Capítulo 8: Zorbas empeza a cumplir o prometido

Cando os gatos volveron á casa de Zorbas, atoparon á gaivota morta e viron o ovo branco con manchiñas azuis.
Sabelotodo decidiu investigar, nos libros, como coidar do ovo. Antes de marchar, recomendoulle a Zorbas que lle dera calor, moita calor corporal.
Zorbas deitouse a carón do ovo, tendo conta de non rompelo.

Capítulo 9: Unha noite triste

Os gatos enterraron o corpo da gaivota morta.
Os animais da cidade foron transmitindo a mensaxe de que morrera a gaivota. Esa noite, escoitáronse en Hamburgo os laios dos animais que estaban tristes polo que acontecera.
Zorbas quedou encargado de darlle calor ao ovo. Os outros gatos investigarían como ensinar a voar a unha ave.

SEGUNDA PARTE

Capítulo 1: Gato chocando un ovo

Pasaron moitos días e Zorbas estaba aborrecido por pasar tanto tempo sen moverse máis que para comer ou para facer as súas necesidades.
Os seus amigos visitábano para ver se había progresos.
Sabelotodo mirou na enciclopedia: ”A gaivota tardaba entre 17 e 30 días, dependendo da especie”.
Cada mañá, Zorbas ocultaba o ovo entre as macetas do balcón cando o amigo do seu dono iba para darlle de comer.
Un día, o rapaz estaba aspirando e dixo que entre as macetas había suciedade. Zorbas levou o ovo rodando ata debaixo da cama, para que o humano non o atopara. Alí agardou ata que o neno rematou.
Cando Zorbas colleu o ovo coas patas dianteiras para levalo outra vez ao balcón, viu o peteiro do pitiño rompendo a casca para saír. Zorbas levaba vinte días chocando aquel ovo e o poliño estaba a piques de nacer.

Capítulo 2: Non é doado ser “mami”

O pitiño recén saído do ovo pensou que Zorba era a súa nai e chamouno:
-Mami ! Teño fame !
Zorbas pensou: “E agora que lle dou de comer?”
O seu prato estaba baleiro. Zorbas atopou unha mazá. O pitiño intentou cómela, pero o seu peteiro dobrouse.
O pitiño seguía tendo fame. Zorbas deulle unha pataca, pero o peteiro do poliño era brando e tamén se lle dobraba.
Despois, Zorbas lembrouse de que os paxaros comen insectos. Saiu ao balcón e colleu unha mosca. Deulla ao pitiño, que a enguliu.
Gustoulle e volveu dicir: “Teño fame !”
Zorbas colleu outras cinco moscas e unha araña. O pitiño devorou as moscas, pero non quixo probar a araña.
Cando chegaron os gatos amigos de Zorbas, dixéronlle:
-Parabéns, Zorbas. É un precioso pitiño!
Zorbas respondeu:
-Grazas, pero non é o meu fillo.

Capítulo 3: O perigo asexa

Cando o amigo do neno foi a casa de Zorbas, o gato puxo unha maceta dada a volta para agochar ao pitiño e sentou enriba dela. O neno pensou que o gato estaba algo raro, pero non atopou ao pitiño.
Despois, cando marchou o neno, chegaron dous gatos con intención de comer ao poliño. O pitiño pediu axuda: -Mami, socorro!
Zorbas rabuñou aos gatos para espantalos e que non volveran.
Entón, Zorbas pensou que a súa casa non era bo sitio para ter ao pitiño.
A gaivotiña dille a Zorbas:
-Teño unha mami moi valiente.

Capítulo 4: O perigo non descansa

Zorbas reúnese cos seus amigos para decidir onde estaría seguro o pitiño. Elixen o bazar de Harry.
Tamén falan de poñerlle un nome ao pitiño. Zorbas di: -Non é mala idea. Pero primeiro hai que saber se é macho ou femia.
Mentres falan os gatos, unha rata intenta coller ao pitiño, que berra:
-Mami, auxilio!
Zorbas salva ao pitiño e despois vai en busca do xefe das ratas para ameazalo. Fan un trato: a cambio de respectar a vida do poliño, as ratas poderán pasar polo patio para ir ao mercado pola noite, cando os humanos non as vexan.

Capítulo 5: Poliño ou poliña?

Os gatos reciben a visita de Barlovento no bazar. Queren que lles diga se o pitiño é macho ou femia.
Barlovento é a mascota do Hanes II, un barco que limpa o fondo do río Elba. A tripulación do barco aprecia a Barlovento, que é un gato de cor mel e ollos azuis, que axuda tamén no traballo do barco. Por iso, fixéronlle un chuvasqueiro amarelo para poñerllo os días de tormenta.
Barlovento di: -E unha linda poliña.
Para elexir o nome da gaivota, Colonello suxire:
-Considerando que a poliña tivo a sorte de quedar baixo a nosa protección, propoño que a chamemos Afortunada.
Todos estiveron de acordo.
Outro día, Barlovento contou que as gaivotas salvaran o barco no que el navegaba, porque había treboada e seguiron ás gaivotas ata a costa. Barlovento tamén dixo que as gaivotas son as aves máis fortes.
O seguinte día, Afortunada intentou voar, pero subiu dous palmos e caeu. Púxose triste e dixo: “Son unha inútil”. Zorbas animouna a seguir practicando.

Capítulo 8: Os gatos deciden romper o tabú

Como Afortunada non da voado despois de moitos intentos, os gatos deciden pedir axuda a un humano. Iso iría contra as normas, porque pensan que, se un gato falara cunha persoa, meteríano nunha gaiola e someteríano a estúpidas probas.
Os gatos pasaron varias horas reunidos antes de decidir romper o tabú.

Capítulo 9: A elección do humano

Os gatos tardaron en decidir con que humano falarían. Descartaron un tras outro: René, o cociñeiro, era bo con eles, pero só entendía de especias e cazos; Harry, comprensivo e amable, deixaba que Matías fixera cousas terribles; Carlo, o camareiro, só entendía de deportes, pero non de voo.
Finalmente, os gatos pensaron no humano que vivía coa gata Bubulina, porque era un poeta. Ás veces ría o ler o que escribía; outras veces, enrugaba o papel sen lelo. Na súa casa escoitábase unha música agradable.
Zorbas di que lle inspira confianza. Tal vez non saiba voar con ás de paxaro, pero ao escoitalo sempre pensei que voa coas súas palabras.

Capítulo 10: Unha gata, un gato e un poeta

Zorbas vai á casa do poeta e pídelle á gata Bubulina que o deixe falar co seu amo. Ela responde que iso é tabú, pero o poeta achégase e Zorbas aproveita para entrar na súa casa.
Cando o gato empeza a falar o idioma dos humanos, o poeta pensa que é unha alucinación ou un soño.
Despois fala co gato e recítalle un poema de Bernardo Atxaga, titulado “As gaivotas”, que di:
Pero o seu pequeno corazón
-que é o dos equilibristas-
por nada suspira tanto
como por esa chuvia tonta
que case sempre trae vento,
que case sempre trae sol.
Zorbas e o poeta acordan verse a medianoite diante do bazar de Harry.

Capítulo11: O voo

O poeta chega á porta do bazar e alí colle a Zorbas e a Afortunada.
Tápaos coa súa gabardina e lévaos ata a torre de San Miguel. O humano lévaos por unha escaleira de caracol ata o campanario.
Afortunada quéixase:
-Teño medo.
Pero Zorbas dalle ánimos:
-Vas voar, Afortunada. Respira. Sinte a choiva. É auga. Na túa vida terás moitos motivos para ser feliz. Un deles chámase auga, outro vento e outro sol e sempre chega coma unha recompensa despois da choiva. Sinte a choiva. Abre as túas ás.
-A choiva, a auga, gústame. –di Afortunada.
-Vas voar. –dille Zorbas.
-Es un gato moi bo. Quérote. – grazna Afortunada.
-Vas voar. Todo o ceo será teu.
Por fin, a gaivota bótase a voar. Alónxase cara ao porto e deseguida volta para xirar arredor do campanario.
Eufórica, exclama:
-Zorbas, podo voar!
Zorbas explícalle ao humano que Afortunada comprendeu o máis importante: "Somentes voa quen se atreve a facelo".